Así o pudo comprobar o bispo da diócese de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiúza, na visita á Franqueira para reunirse con Alcade da Cañiza Luís Piña, quen lle explicou todos os detalles desta humanización.
Unha obra que permitiu substituir o alumeado existente antigo e deficiente, por unha moderna e máis estética iluminación acorde coa arquitectura patrimonial deste importante lugar de culto.
Renováronse un total de 21 luminarias. 13 báculos novos da marca «Cañiza», creada exclusivamente para o noso Concello, e 8 luminarias do modelo Rosa de cor bronce, todas elas con proxección de luz LED branca. Ademáis instaláronse 10 proxectores para iluminar o Santuario, soterrouse parte do tendido eléctrico e retirouse da estrada principal o cadro de mandos.
A obra contou en todo momento coas autorizacións de Patrimonio da Xunta de Galicia, e tamén do Bispado da Diócese. As novas luminarias conseguiron a aprobación do Bispado por armonizar coa pedra da edificación do Santuario.

As obras de reforma integral do alumeado público da contorna do Santuario da Nosa Señora da Franqueira que comezaron este verán, quedaron rematadas nestes días coa colocación de 13 novas unidades de luminarias do modelo «Cañiza» na baixada hacia o Santuario. Estas luminarias se suman ás 8 novas columnas troncocónicas de 6 metros de altura, modelo Rosa en cor bronce, situadas na beirarrúa lateral da Igrexa e na baixada aos servizos.
Tamén se conseguiu iluminar o propio Santuario coa colocación de 10 proxectores de luz LED. Dous deles para resaltar a fachada e o Pórtico no que se representa a Adoración dos Reis Magos. Ademáis se instalou un proxector en cada un dos laterais, dous máis no campanario e outros dous iluminando a última cúpula do Santuario.

Por último cambiouse o cableado dende o atrio da Igrexa hacia a baixada aos servizos, eliminando parte do entramado aéreo. Tamén se cambiou a ubicación do cadro de mando, retirándoo da beirarrúa principal e emplazándoo nun recuncho resgardado dunha das rúas adxacentes.
Esta reforma contribúe a resaltar un dos legados arquitectónicos máis importantes da Cañiza, ademáis de abaratar os costes de subministro eléctrico ao instalarse equipos enerxéticos máis eficientes.
A obra forma parte das melloras do proxecto de reforma integral do alumeado público de Valeixe xa rematadas por completo.
Esta humanización responde tamén á política do Goberno municipal de recuperar os espazos patrimoniais e arquitectónicos que forman parte dos atractivos do noso Concello, sen ter que aportar recursos propios. A obra cunha inversión de 463.656,39 €, está financiada ao 100% cunha subvención do Goberno de España a través do IDAE (Instituto de Diversificación do Aforro Enerxético), de 370.925,11 € e unha axuda da Liña 1 do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra, de 92.731,28 .