Representantes e usuarios das traídas veciñais de Oia, viaxarán a Abegondo para coñecer as melloras no abastecemento autónomo

Compartir
Excursión Abegondo. 2018.Fonte: Concello de Oia

As persoas interesadas poderán inscribirse ata o 2 de setembro no Concello de Oia, (teléfono 986.36.21.25)

 

O Concello de Oia, abre a inscrición para participar nunha viaxe a Abegondo, dirixida a usuarios e representantes das traídas veciñais que hai no municipio, co obxectivo de coñecer polo miúdo, as melloras en materia de abastecemento realizadas no antedito Concello Coruñés. A saída realizarase en autobús, o próximo 7 de setembro, en horario de mañá, (horario estimado: saída ás 8.15h, chegada ás 15h).

Esta actividade enmárcase dentro da iniciativa que a Xunta está a desenvolver en materia de abastecemento autónomo en municipios de menos de 5.000 habitantes, e para o que Oia foi seleccionada, xunto con outros 5 Concellos Galegos.

As persoas participantes na excursión terán oportunidade de coñecer de primeira man, as melloras que se teñen feito nas traídas veciñais de Abegondo, a través do programa europeo LIFE, demostrando que, no rural, as solucións tradicionais de traídas veciñais, (abastecemento autónomo), son unha alternativa viable fronte a sistemas centralizados.

A actividade incluirá unha presentación do proxecto LIFE Rural Supplies, iniciativa piloto realizada no concello de Abegondo, que é precursor do actual Plan Municipal de Abastecemento Autónomo. Despois desta presentación, as persoas asistentes participarán en visitas guiadas a varios exemplos modelo, de traídas de augas situadas neste municipio Coruñés.

Para participar na viaxe é preciso inscribirse, pois as prazas son limitadas por cuestións de aforo.