Retómase o servizo de axuda ós veciños e veciñas coa renumeración en Ribadumia

Compartir
David J. Castro, Alcalde. Fonte: Concello

Rematada a tempada de vendima, o Concello de Ribadumia retoma o servizo de axuda á veciñanza ,no cambio de recibos e documentación tralo proceso de renumeración das vivendas do Municipio.

Desta volta é a quenda da parroquia de Ribadumia, e para este caso, vaise dividir en dous bloques.

Nesta primeira ocasión, o persoal do Concello estará no Auditorio Municipal, dos días 4 de outubro ao 8 (ambos incluídos), en horario de 9:30 a 14:00 para atender a todos aqueles veciños interesados, pertencentes aos lugares de Cabanelas, O Freixo, Cruceiro Vello e Mamuela.

Con posterioridade, establecerase outro período para o resto dos veciños e veciñas de Ribadumia.

O obxectivo deste servizo é facilitar en todo o posible, os trámites para o cambio de número das vivendas en todo o relativo a recibos e documentación.