“O Concello de Ribadumia convocou as bases para o Concurso de Camisetas, que se leva a cabo todos os anos e ten como obxectivo premiar as máis orixinais cuxo deseño faga referencia á exaltación do Viño Tinto.
Poderán participar as “peñas” participantes na Festa do ViñoTinto e Exaltación de Variedades Autóctonas, e deberán estar compostas por un mínimo de cinco membros. Unha peña, ou calquera dos seus membros integrantes, non poderá presentar máis dunha camiseta.
Para participar no concurso deberá presentarse, nas dependencias do concello, un exemplar da camiseta impresa. O prazo para presentar as candidaturas e as camisetas remata o 16 de maio de 2024 ás 13:00 horas . En total, repartiranse 350€ en premios: 1º premio 200 €, 2º premio 100 € e 3º premio 50 €.
Unha vez finalizado o prazo de presentación de camisetas, o xurado designado avaliará os traballos presentados, que estará omposto por unha persoa con experiencia en debuxo e vínculos coa Festa do Tinto, unha persoa con experiencia en fotografía e vínculos coa Festa do Tinto e tres persoas do Persoal Técnico e Monitores Culturais do Concello de Ribadumia.
A entrega de premios farase o sábado 1 de xuño na Carballeira de Barrantes, durante os actos centrais da cata final, ás 12:30 horas.
O Concello de Ribadumia anima a todos os veciños e veciñas do municipio e arredores a participar nesta edición. Entre todos, exaltaremos os valores da festa do Viño Tinto e da nosa gastronomía, tendo en conta que a celebración da 51 Edición da Festa do Viño Tinto do Salnés está a punto de chegar.
Para coñecer máis información pódense consultar as bases publicadas na web do Concello de Ribadumia oú no taboleiro municipal.