
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 26/05/2025.- El conselleiro de Educación, Román Rodríguez, durante la rueda de prensa tras la reunión del Consello de la Xunta, este lunes en Santiago de Compostela. EFE/Lavandeira jr
16 octubre, 2025
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, destaca a boa acollida das novas modalidades de FP enfocadas
a proporcionar saídas profesionais aos colectivos máis vulnerables e á inserción laboral de persoas adultas que se estrean como experiencia piloto este curso no Centro Público de Educación de Persoas Adultas, EPAPU Berbés de Vigo, dependente da Xunta.
O titular de Educación do Goberno galego visitou o centro acompañado pola directora de Formación Profesional, Eugenia Pérez. Nel está matriculadas un total de 22 persoas nos novos ciclos de FP Básica Adaptada e de FP Básica para Adultos, onde puido coñecer de primeira man a experiencia formativa pioneira que están a recibir estes alumnos.
En concreto, na FP Básica Adaptada, modalidade pioneira este curso, estréanse nove estudantes cun programa en Comercio. Tal e como explicou o conselleiro, o obxectivo desta modalidade adaptada é proporcionar unha cualificación e apoio personalizado a colectivos vulnerables co fin de fomentar a súa inclusión social e laboral. Neste senso, puxo en valor a importancia de impulsar sinerxías entre o sistema educativo e as distintas entidades de Educación Especial e de atención á diversidade para asegurar a permanencia dos colectivos vulnerables no sistema educativo, máis aló do ensino obrigatorio.
En canto á FP Básica para Adultos, concibida como unha opción formativa tamén pioneira especificamente deseñada para favorecer a capacitación profesional e a reinserción laboral de persoas adultas que non dispoñen de títulos por abandonaren o sistema, a EPAPU Berbés debuta con 13 estudantes no grao básico de Servizos Administrativos.
Así mesmo, aproveitou a visita á cidade olívica para salientar a boa dinámica dos datos de FP na área de Vigo, que é a que concentra o maior número de alumnos de toda Galicia. No conxunto dos concellos da zona hai matriculadas 18.686 persoas en Formación Profesional, o que representa un incremento de preto do 3% respecto ao curso académico anterior.
Os novos programas introducidos en Vigo forman parte da nova acción no marco da FP Plan FPGal360, un sistema integral de orientación profesional que guíe e acompañe á cidadanía na toma de decisións ao longo da súa vida persoal e profesional.
Segundo explicou o conselleiro, o que se busca con estas novas modalidades pioneiras de Galicia é poñer o énfase non só nos estudantes, senón naquelas persoas -especialmente a poboación masculina- que abandonaron os estudos no seu momento e que hoxe queren ou precisan reforzar a súa formación e recualificarse, así como na atención á diversidade no caso de colectivos vulnerables. En definitiva, Román Rodríguez reivindicou o impulso da Xunta dunha Formación Profesional “á carta” onde todo aquel que o desexe atope vías formativas que se adapten ás súas necesidades e preferencias.
Alerta