Rouban as pasarelas de acceso a praia de Mogor en Marín un ano máis

Compartir
Adxuntamos unhas imaxes coas que o Concello de Marín quere denunciar o vandalismo que, de novo, se ceba con mobiliario público e que, ademais, neste caso é reincidente.
E é que de novo, outro ano máis, volveron roubar as pasarenas que se colocan durante a tempada de verán na praia de Mogor para facilitar a accesibilidade ata o areal. O Concello mercara estes elementos novos o ano pasado, facendo unha inversión de 3.500 euros. Este tipo de actos vandálicos e incívicos ao final afectan a toda a sociedade marinense.