28 agosto, 2024
Pedro Blanco, delegado do Goberno en Galicia, asisteu a saída da etapa 11 da Volta a España e homenaxe a Garda Civil en Padrón
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, subliñou hoxe a colaboración dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado para dar cobertura e seguridade á 79ª
edición da Volta Ciclista a España ao seu paso por Galicia.
Fíxoo hoxe na localidade de Padrón, punto de saída e de meta da etapa número 11 da ronda española, onde estivo acompañado pola subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas. Alí agradeceu o traballo dos axentes de Garda Civil e de Policía Nacional coa organización desta proba e lembrou á cidadanía a importancia de seguir as indicacións para que a a Volta discurra con normalidade.
Antes do comezo da etapa, o delegado saudou aos 134 integrantes da Unidade de Mobilidade e Seguridade Viaria (UMSV) da Garda Civil, un equipo creado /ex profeso/ para esta competición. Este grupo emprega 92 vehículos cos que acompaña o evento deportivo durante todo o seu percorrido, coa misión de proporcionar seguridade viaria e mobilidade ao desenvolvemento da proba, así como garantir a orde pública e seguridade. Este grupo compleméntase con efectivos das distintas
Comandancias da Garda Civil e das Comisarías de Policía Nacional das localidades por onde discorre a competición.
En Padrón, o delegado participou tamén na homenaxe organizada pola Garda Civil ao axente Luis Fernando Villar Santos, falecido en 2023.
Alerta