3 noviembre, 2023
Desde a administración local mosense estase a traballar na conmemoración do Día Mundial da Diabetes, enfermidade que o tabaquismo empeora gravemente, mediante unha xornada promotora de hábitos de vida saudable organizada pola Mesa Local da Saúde
O vindeiro 14 de novembro conmemórase o Día Mundial da Diabetes e a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, informa de que desde a Mesa Local da Saúde do Concello de Mos estase a traballar nunha xornada divulgativa e preventiva sobre esta enfermidade. Nela abordaranse a importancia dos hábitos de vida saudables, a realización de prácticas e actividades deportivas, a alimentación sá e evitar costumes nocivos coma o tabaco. Xa que o tabaquismo é unha das causas da diabetes tipo 2. De feito as persoas que fuman teñen máis probabilidades (entre 30 e 40 %) de presentar diabetes tipo 2 que aquelas que non fuman.
Neste senso ademáis o Concello de Mos é un municipio moi concienciado coa erradicación do tabaquismo. Estes días a administración local mosense vén de recibir, de mans do Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, unha distinción como municipio membro da Rede galega sen tabaco, sendo parte tamén da Rede galega de parques sen fume, que conta con 34 concellos adheridos. Desde a administración local mosense recolleu o recoñecemento o tenente de alcaldesa, Camilo Grandal, que asistiu ao acto celebrado en Santiago de Compostela acompañado pola edil de Política Social, Sara Cebreiro.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acompañado pola secretaría xeral técnica do seu departamento, Natalia Lobato Mosquera, intervirá no acto con motivo do Día Galego sen Tabaco.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, presidiu o devandito acto que, segundo remarcou o titular da carteira sanitaria, “marca un paso importante de cara a un futuro máis saudable para a nosa cidadanía”. Baixo o lema: “O teu compromiso é clave, únete a unha Galicia sen fume”, Comesaña dixo que a Xunta quere salientar con este día “a importancia que ten a implicación individual nas actitudes e no posicionamento da sociedade nos proxectos de saúde”.
Segundo remarcou no acto o responsable da sanidade pública galega “apostar por unha sociedade libre de tabaco é sinónimo de saúde, ademais de ser unha das mellores mensaxes que podemos trasladar á nosa mocidade”. E convidou “a reflexionar sobre o impacto na nosa comunidade e a necesidade de promocionar estilos de vida saudables”.
Dentro da Rede galega sen tabaco, atópase o Concello de Mos, e a pertenza a esta rede implica a prohibición de fumar en espazos non regulados a Rede galega de parques sen fume, que xa conta con 34 concellos adheridos, entre eles o mosense. Medida que é filla directa do proxecto Praias sen fume, iniciativa que foi considerada por outras comunidades autónomas como innovadora e atractiva.
Tabaquismo e diabetes
Numerosos estudos demostran que as persoas que xa teñen diabetes e fuman teñen máis probabilidades de ter dificultade ao calcular a dose de insulina. O tabaquismo fai que a diabetes sexa más difícil de manexar. As persoas que teñen diabetes e fuman teñen maiores probabilidades de ter problemas de saúde graves tales como enfermidade cardiaca, renal, mala circulación sanguínea en pernas e pes, retinopatía que pode causar cegueira, neuropatía periférica (dano nos nervios das pernas e los brazos que causa adormecimento, dor, debilidade e mala coordinación). As persoas con diabetes que deixan de fumar poden manexar mellor os seus niveis de azúcar en sangue.
O consumo de tabaco entre persoas con diabetes está fortemente asociado cun maior aumento do risco de desenvolver complicacións cardiovasculares. Ademáis, as investigacións apuntan cara un efecto negativo do tabaco sobre o metabolismo da glucosa e os lípidos, o cal conleva o deterioro do control metabólico na diabetes.
Os efectos sobre os vasos sanguíneos do organismo, a inflamación e outros posibles factores tamén poderían contribuir coas moi graves e negativas consecuencias de fumar tabaco en persoas con diabetes.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acompañado pola secretaría xeral técnica do seu departamento, Natalia Lobato Mosquera, intervirá no acto con motivo do Día Galego sen Tabaco.
WhatsApp us