8 octubre, 2021
Nas últimas semanas estase percibindo entre os veciños e veciñas do Concello de Ribadumia unha importante preocupación en relación á recepción das facturas de consumo de enerxía eléctrica, trala suba continua do prezo do kilovatio, da que non se ve solución a curto prazo.
Recollendo esta inquedanza dos nosos veciños, o equipo de goberno púxose en contacto coa OCU (Organización de Consumidores e Usuarios) para ver a posibilidade de facer unha charla na que se aclarasen todas as dúbidas que puidesen presentar.
Así, o vindeiro mércores, 13 de outubro, celebrarase unha sesión informativa sobre a actual tarifa eléctrica e recibo da luz, na cal responsables da OCU se achegarán á Casa de Cultura de Ribadumia, ás 20:00 horas, para ofrecer información sobre as tarifas e sobre o consumo eléctrico.
Desde o Concello de Ribadumia, quérese convidar a todos os interesados que queiran asistir para que lles aclaren todas as dúbidas que poidan ter ou lles poidan xurdir.
Alerta