Conectividad. Fonte: Concello
15 octubre, 2021
Nas últimas semanas viñéronse recibindo nas oficinas municipais diversas solicitudes de información do estado da instalación e acceso á conexión de alta velocidade (fibra), no Concello.
Recollidas estas peticións, dende o Concello de Ribadumia puxémonos en contacto co responsable da instalación das devanditas redes, (Telefónica), o cal deu solución inmediata a algunha das peticións. Nos demais casos comunicáronnos que o despregue de redes está previsto antes do 31 de decembro do presente ano, mentres que noutros supostos este despregue non ten data estimada polo momento.
Unha vez obtidas estas respostas, o equipo de goberno remitiu as correspondentes contestacións ós afectados e organizou unha sesión informativa na que un técnico dunha empresa colaboradora do Concello explicará o estado do despregue de redes, e as posibles solucións alternativas ás que se poderían acoller aqueles casos nos que non se ten prevista data próxima de cobertura.
Así mesmo, valorarase cos afectados a posibilidade de presentar reclamacións ante os organismos competentes da Xunta de Galicia e do Goberno de España.
Esta sesión terá lugar o vindeiro mércores 20 de outubro ás 20:00 na casa de cultura de Ribadumia e dende o Concello queremos convidar a todas aquelas persoas interesadas a que acudan para que poidan resolver todas as dúbidas e preguntas que teñan.