26 diciembre, 2023
Sheila Almuster, da parroquia de Tameiga, foi homenaxeada hoxe polo logro no seu Concello natal
Esta tarde celebrouse no salón de sesións do Concello de Mos a recepción á mosense Sheila Almuster Domínguez, médica mosense da parroquia de Tameiga e uróloga do Hospital Álvaro Cunqueiro.
O motivo do recibimento foi felicitala polo seu recente logro da certificación do Board Europeo de Uroloxía, acreditación europea de excelencia que logrou tras superar dous exames na cidade de Leuven (Bélxica).
Os outros 2 facultativos especialistas do Servizo de Uroloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro que lograron esta certificación xunto con Sheila foron: Sabela López García, e Miguel Pérez Schoch.
Esta certificación outórgaa o Fellow of European Board of Urology.
O European Board of Urology é unha certificación de calidade que garante que os aspirantes cumpran cos requisitos educativos, prácticos e de revisión establecidos pola sección de Uroloxía da Unión Europea de Médicos Especialistas. É dicir, permite acreditar que os coñecementos do aspirante alcanzan o estándar europeo.
Trátase dun prestixioso recoñecemento a nivel europeo, que certifica a adecuada formación que reciben os urólogos en Europa e un selo de calidade para os profesionais que a conseguen.
Alerta