28 noviembre, 2023
O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, reclama o alcalde Abel Caballero que convoque a Vitrasa e Comité de Empresa para desbloquear de verdade o conflito do bus urbano, despois de que a mediación do pasado venres rematase sen ningunha proposta da empresa aos representantes do persoal.
Igrexas reclamou ao Goberno municipal que deixe de ser un «convidado de pedra» e tomou a palabra á tenente de alcalde, Carmela Silva, que asegurou onte no Pleno que tomaba nota das demandas do persoal.
«É hora de que o Concello dea un golpe na mesa diante da actitude pirata e irresponsábel da concesionaria».
Dende o Concello de Vigo, Carlos Font, dí:
https://go.ivoox.com/rf/120210819
Responsabilidade de Caballero
Dende o BNG insistiron na responsabilidade do Goberno de Caballero nun conflito que afecta a un servizo de titularidade municipal e cun carácter esencial na mobilidade da cidade. Igrexas asegurou que as numerosas xornadas de paros parciais e folga dende agosto de 2021, e os evidentes prexuízos para a veciñanza, están motivados nos “reiterados e graves incumprimentos” da concesionaria, tanto das obrigas recollidas no prego da concesión como co seu propio persoal.
A isto sumou a “escalada de represión antisindical” da dirección da empresa, que impuxo de maneira “arbitraria e inxusta” sancións moi graves contra 12 traballadores e traballadoras, entre eles varios membros do Comité de Empresa, no marco de exercicio dos seus dereitos fundamentais nas xornadas de folga.
Alerta