8 septiembre, 2021
Os vindeiros días 9, 10 e 11 de setembro, a Eurocidade Tui-Valença acollerá o MUMi -encontro profesional de música de Galiza e Portugal.
A Feira profesional MUMI, Músicas do Miño, celébrase entre o 9 e o 11 de setembro por primeira vez entre Tui e Valença do Miño. A feira pretende poñer en contacto a artistas e profesionais de Galicia e Portugal, que pese a súa proximidade xeográfica e idiomática, nunca chegan a interactuar como sería lóxico pensar.
Dentro do extenso programa de actividades (http://mumimusicas.eu/programa) poderá disfrutarse dun showcase de 30 minutos da artista galega Silvia Penide que, xunto a súa banda, amosará no esceario cancións dos seus últimos traballos discográficos que lle serviron para acadar por segunda vez o recoñecemento da profesión ao gañar o premio Martín Codax na categoría Canción de autor en 2020.
A emoción de letras e melodías nas cancións de Silvia vai medrando co paso do tempo na súa carreira. A voz de Víctor Manuel sumouse á canción El Efecto Boomerang, da que tamén se editou o seu últiimo videoclip.
A cita no MUMI será na Praza de San Fernando de Tui o venres 10 ás 18:30 horas con entrada libre ata completar acceso.Trátase do primeiro mercado profesional de música e cultura organizado polos dous territorios ibéricos e promovido por unha asociación que integra empresas, profesionais e colectivos do sector musical galego e portugués, có obxectivo de crear unha ponte de ida e volta real e estable para as músicas de ambos países.
Tamén haberá concertos abertos ao público en xeral coa selección de propostas musicais de diversos estilos e formatos. Alí o o público gozará co Sonoro Maxín (día 9), Os d’Abaixo (día 10) e Pulpiño Viascón (día 11)
Alerta