7 marzo, 2025
Cando a Universidade de Santiago foi dividida en tres no ano 1989, chegárase ao acordo de non duplicidade, pensando na posibilidade de especialización dos diferentes campus. Isto foi hai mais de tres décadas e a cousa non se mantuvo xa case que desde o inicio, de tal xeito que sucedéronse duplicidades e triplicidades en moitos grados… ou aínda mais porque algunas universidades teñen desdoblados grados nos seus diferentes campus. Chamoume sempre moito a atención que esas multiplicidades se produxeran en grados como Química, Dereito, Económicas, Filoloxías… mesmo algunhas onde hai evidente alto paro e sin embargo estivese sempre vetada esa posibilidade a Mediciña, onde non soio non hai paro senón que hai falta de profesionais, tratándose ademáis dun ámbito tan “rentable” socialmente e no que a cidadanía entende fácilmente que compre facer un esforzo económico. Para mais contradicción, parece que os nosos dirixentes entenden, alomenos en parte, a importancia do ámbito sanitario ó establecer a necesidade de oito escolas de Enfermería en Galicia, una en cada un dos sete campus (e duas en Vigo).
A situación é que a Facultade de Mediciña da USC é a que mais estudantes acolle anualmente en España e apoiase dende hai anos nas otras duas universidades galegas para o sexto curso. Estase agora a plantexar un “debate” porque se fala de que estas outras duas universidades galegas poidesen impartir os cursos de grado desde terceiro. As universidades, en virtude da sua autonomía, son quen de facer propostas e será o poder político, encargado de financialas, quen decida, pero imos a dar unha opinión.
Faría duas preguntas iniciais:
Temos suficientes médicos en Galicia e en España hoxe ou os teremos previsiblemente nos próximos 10/20 anos?… non, verdade?
Temos estudiantes capacitados que quixeran facer Mediciña?… si, verdade?
Si coincidíramos nesto, creo que tamén o faríamos en que é urxente una programación destos estudos, que por outra parte non terían que diferenciarse moito da programación de todo o resto do sistema universitario.
Pero cando se fala dos estudos de Mediciña dinse de xeito moi xeral algunhas cousas que eu non comparto:
”É moi caro formar médicos”. Eu digo: non tanto como formar químicos, onde os estudantes de grado utilizan para as suas prácticas de laboratorio reactivos e rompen material.
“É moi caro porque o período MIR é tamén de formación e hai que págalo”. Perfecto, é formación, pero tamén é traballo que realizan e polo tanto é normal que se pague. O período de formación en outros grados onde se traballa, por exemplo facendo un doutoramento, tamén se paga, e outros períodos formativos como son os masters se pagan polo propio postgraduado.
Nalgúns ámbitos, parece asumirse que entre os médicos non pode “haber paro” sin importar tanto que o haxa para calquera outros profesionais. Non deberían de “sobrar” profesionais capacitados en ningún ámbito e si creo que habería que facer una intelixente programación a medio/largo prazo, pero a realidade é que son os graduados en Mediciña dos que menos paro teñen, dos que teñen traballo mais fácilmente. Non sei hasta que punto pode ser certo que cobran pouco (porque esto é sempre una comparativa), ou que algúns marchan ao extranxeiro por millores condicions laboráis, pero o que si sei é que oxalá a mitade dos estudiantes que alcanzan outros grados na Universidade española tivesen ao terminar esas condicions laboráis.
A pregunta final é: por qué hai so una Facultade de Mediciña en Galicia e catro ou mais de Química, Dereito,…? por qué, no ámbito sanitario, hai so una Facultade de Mediciña e oito escolas de Enfermería?
Todo este debate pode estar repleto de localismos e intereses particulares, pero na niña opinión son necesarios moitos mais profesionais médicos e Galicia debería de formalos. As universidades de A Coruña e de Vigo cos centros sanitarios da sua contorna seguro que son quen de formalos de xeito excelente si se fai a precisa organización. Deixo algúns argumentos mais por si houbera debate…
Alerta