Son da Prehistoria e a Música Inventada de Neønymus en Pontevedra

Compartir
Historia Inventada. Fonte: Concello

 

O músico Silverius de Ura, dará dous concertos en Pontevedra o vindeiro xoves 16, misturando tecnoloxía e harmonías vogais antigas

É precisa preinscrición en reservas.museo@depo.gal

O Museo de Pontevedra vai acoller o vindeiro xoves 16 de setembro, dous eventos singulares, ‘Historia inventada de música inventada’ para público familiar ás 16.30h na praza do Edificio Castelao, e ‘Ecos da Prehistoria’ ás 21 horas nas Ruínas de San Domingos. Para asistir a calquera deles é preciso reservar praza previamente en reservas.museo@depo.gal, xa que o aforo é limitado.

Nos concertos de Neønymus, caracterizados por ser eventos cativador e sorprendentes, Silberius de Ura crea en directo unha moi persoal mestura de voces, sons e pequenos instrumentos, utilizando unha atrevida combinación de tecnoloxía e harmonías vocais de música antiga, chegando a parecer imposible, que unha soa persoa sexa capaz de encher máis dunha hora con música dunha enorme intensidade, e riqueza tímbrica e rítmica.

Ecos na prehistoria. Fonte: Deputación

 

Neønymus é quizá unha proposta musical única. O seu espectáculo traslada ás persoas asistentes a lugares imaxinarios que recrean paisaxes sonoras da antigüidade, ás veces cunha enorme carga emocional e un notable sentido de transcendencia: son unha viaxe exploratorio pola intimidade cultural e espiritual do ser humano, pero condimentado con humor e múltiples relatos.

Ata o de agora, Neønymus ofreceu máis de 600 concertos en España, Francia, Rusia, Italia e Portugal, moitos deles en lugares moi singulares: Mosteiros, ermidas, covas paleolíticas, castelos en ruínas e tamén en museos ( MAN, MUPAC, MEH, MECyL, MUSAC, etc.), teatros e conservatorios de música. Tamén concertos didácticos en centros de ensino e centros culturais.

Silberius de Ura, (o artista detrás de Neø nymus) comezou o seu proxecto musical en solitario en 2010, tras recibir distintas influencias e inspiración dos artistas noruegueses que pasaron por Covarrubias, Burgos (o seu lugar de residencia), durante os últimos eventos de Notas de Noruega. Non en balde, a “ø” barrada do seu nome, é unha homenaxe tanto a esta influencia, como á existencia da princesa Norueguesa Kristina Håkonsdatter, enterrada en Covarrubias.

Silberius de Ura criouse dacabalo entre a cidade de Burgos e unha pequena aldea (Ura), situada nun val agreste, sen electricidade nin auga corrente nas casas, e onde o único acceso con vehículos era por un camiño en mal estado. Quizá este contraste entre a modernidade do século XX, e unha forma de vida rural austera e case medieval, sexa o motivo da fascinación de Silberius pola comuñón do tecnolóxico co primitivo.

O seu disco “Ø”, gravado no mosteiro de Santo Domingo de Silos, converteuse en número 1 de vendas en Amazon e iTunes España. En 2018 recibiu o premio ao Mellor Espazo Sonoro no prestixioso Festival Europeo de Artes Escénicas FETEN, pola música composta para a obra teatral “En busca do lume”, da compañía Arawake Theatre. O seu BSO da serie de TV “Conquistadores Adventvm” foi finalista a nivel mundial nos recoñecidos premios MUSIC & SOUND AWARDS 2018, competindo contra Hans Zimmer, que foi o gañador.