17 agosto, 2021
O parque da Feira Vella acolle o próximo venres 27 e o sábado 28 unha nova edición dun festival “indispensable” na axenda de verán do municipio de Ponteareas.
As entradas son de balde e poderán reservarse dende hoxe a través dunha plataforma habilitada na rede: https://www.eventbrite.es/o/rock-in-rio-tea-30909563907
Volve o rock a Ponteareas. SonDaRúa e MClan son os cabezas de cartel dunha nova edición do festival Rock in Río Tea, que se desenvolverá no parque da Feira Vella o venres 27 e o sábado 28 deste mes.
A Asociación Rock in RíoTea, o Concello de Ponteareas, e a Deputación de Pontevedra organizan este
evento que terá entrada de balde, pero con aforo limitado. As persoas interesadas en asistir deberán solicitar unha praza a través dunha plataforma habilitada na rede.
A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, destacou que este festival é “indispensable na nosa axenda de verán”, e espera que, “como cada ano”, as persoas que asistan poidan desfrutar dunha cita con grandes grupos, entre os que se atopan Son da Rúa e MClan. “Probablemente, nas súasdistintas edicións, este festival aglutina a mellor oferta gratuíta de música rock da provincia”, concluíu. O concelleiro de Eventos, Miguel Bouzó, quixo agradecer o “gran labor das persoas da Asociación Rock in Río Tea para facer do festival unha realidade en tempos tan difíciles”, e asegurou que “sempre terán a axuda do Concello á súa man para promover a cultura entre a veciñanza”.
O festival comeza o venres 27 ás 20.00 horas coa actuación de GHZ. A continuación subirán ao escenario SonDaRúa, grupo de rap galego con orixe en Ponteareas. Para a organización é un orgullo “invitalos por primeira vez ao Rock in Río Tea. Tocarán na casa”, afirman. O sábado será a quenda de Eladio Santos, tamén ás 20.00 h, e a noite pechará por todo o alto ao ritmo de MClan
Alerta