19 noviembre, 2024
A sede da Real Federación Galega de Fútbol en Vigo acolleu este luns o sorteo da Copa Deputación de Pontevedra Feminina na que participan este ano 29 equipos de toda a provincia.
O acto estivo presidido pola vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, e os vicepresidentes da RFGF, José Manuel Fernández e Fernando Iglesias, e contou coa presenza de representantes dun bo número de clubs participantes.
Na primeira eliminatoria participan 26 equipos, quedando exentos 3 da Primeira División Galega, os cales pasan directamente á rolda de octavos de final xunto cos 13 gañadores da primeira eliminatoria.
A competición dará comezo o 6 de decembro e a final disputarase o 17 de maio, ao igual que a masculina.
Fernando Iglesias agradeceu a colaboración da Deputación, que según confirmou Luisa Sánchez, volve a apostar por esta competición do fútbol provincial con 120.000 euros a repartir entre os participantes nas copas masculina e feminina. A esta cantidade hai que engadir a aportación que fai a propia Federación cun fixo por participación.
Alerta