O pincho gañador de D'Antonio, sobre a mesa. Fonte: Concello
29 septiembre, 2021
O Alcalde, Abel Caballero, fixo entrega este mércores dos recoñecementos xunto ao Edil de Comercio, Ángel Rivas. A tapa de D’Antonio alzouse co primeiro premio no concurso, seguida da cociña do Café Bar A Dorna.
Unha ducia de establecementos do popular barrio Vigués de Teis participaron na Ruta dos Pinchos deste ano, un concurso que invitou á cidadanía a saborear as distintas propostas culinarias durante dúas semana,s e votar polas súas favoritas. Entre as doce opcións, o público, que optaba a vales de compra de ata cen euros, proclamou como gañadora desta oitava edición da Ruta á hamburguesa do Café Bar D’Antonio, coa tapa do Café Bar A Dorna como segunda clasificada.
WhatsApp us