Tomiño despide ao presidente saínte da Cámara de Vila Nova de Cerveira

Compartir
Despedida Fernando Nogueira. Fonte: Concello

Nunha sinxela e emotiva recepción celebrada este mediodía no Concello de Tomiño, a alcaldesa salientou a labor de cooperación transfronteiriza desenvolta durante os últimos anos.

Eurocidade Cerveira-Tomiño, afondamento na cooperación transfronteiriza, estreitamento de lazos entre as poboacións veciñas, utilización compartida de servizos e recursos públicos, etc., foron algúns dos principios reitores da relación entre as dúas localidades na última década.

Así o puxo de manifesto o presidente saínte da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Fernando Brito Nogueira, ante a súa homóloga tomiñesa no transcurso dunha sinxela pero emotiva recepción celebrada hoxe no salón de plenos do concello tomiñés, na que ambos os dous mandatarios agradeceron a posibilidade de traballar xuntos dende a Eurocidade Cerveira-Tomiño e avanzar no camiño da cooperación. “Foi un pracer telo de compañeiro nesta viaxe, persoa comprometida, afectuosa e con un fondo sentir europeísta”, comentou a alcaldesa Sandra González referíndose a Nogueira quen, pola súa banda, fixo entrega dunha extensa e sentida carta de agradecementos e saúdos a todos os veciños e veciñas de Tomiño.

Despedida Fernando Nogueira.

Recibido tamén por outros membros do goberno local de Tomiño –entre eles Uxío Benítez, concelleiro e deputado de Cooperación Transfronteiriza e vicedirector do AECT Río Miño- Brito Nogueira aceptou o convite da alcaldesa para escribir no Libro de Honra do Concello e foi agasallado cunha figura de artesanía galega.