Traballos de ensanche e pavimentación no camiño de Pazos-Barcela, en Arbo

Compartir

O Concello continua no seu afán de optimizar a súa rede municipal de estradas, mellorando así, a seguridade vial, tanto para vehículos como para peóns. Para conseguir este obxectivo está reparando as estradas e pistas asfaltadas, ampliando os viais e mellorando os trazados actuais.

Dada a amplía superficie do concello, e o gran número de estradas existentes, a tarefa de mantelas todas en perfecto estado é complicada, sendo necesarios proxectos de ampliación da plataforma que melloren a seguridade vial na súa circulación.

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, anunciaba que este proxecto ten por obxecto a definición  a nivel de proxecto construtivo das directrices de desenrolo urbanístico, definido e valorando a nivel construtivo as obras incluídas en dita actuación e que ás actuacións consisten  no ensanche e a mellora do acceso dun camiño municipal, no lugar de Pazos, na parroquia de Barcela.

O camiño e de titularidade municipal, e atopase pavimentado con aglomerado, pero é tan estreito, que só pode circular un coche, e con certas dificultades. Para a mellora da seguridade vial do tramo, plantease executar un ensanche integral da plataforma da zona de actuación, conseguindo un ancho libre de 4,00m. Ademaís, para a renovación do alumeado público, plantexase neste proxecto a colocación de dous postes de formigón coas súas luminarias correpondentes, mellorando así a visibilidade nocturna na zona.

O edil de Arbo, detallallou que coas obras que se plantexan neste proxecto pretendese optimizar o servizo que ofrece o camiño e mellorar  a seguridade vial do mesmo, xa que, na actualidade, é un vial moi estreito e perigoso.