22 noviembre, 2023
O goberno municipal quere aclarar que o mercado de Nadal “Cíes Market” non está precintado; a información que está circulando a este respecto é
falsa.
No espazo do mercado hai nestes momentos unha zona acoutada onde se atopa a maquinaria porque os responsables do mercado deben presentar a documentación pertinente da mesma. No entanto, o mercado continúa a súa montaxe e a maquinaria está parada ata que conte coa autorización para poder ser empregada.
O “Cíes Market” dispón da pertinente autorización municipal para realizar a montaxe e, unha vez concluída, deberá presentar a documentación necesaria para a súa posta en marcha e así obter a licenza de actividade, tal e como procede nestes casos.
En canto ás carpas precintadas nos xardíns Eugenio González de Haz, teñen en tramitación a a autorización de ocupación da vía pública.
Unha vez recibida, levantarase o precinto para poder proseguir a montaxe.
Alerta