1 julio, 2021
É unha iniciativa da Obra Social de ABANCA, a Xunta de Galicia e o Centro Pen de Galicia e está dotado cun premio de 6000 € e a publicación da obra.
O prazo para a entrega dos orixinais para esta decimonovena edición finaliza o 31 de xullo de 2021
As persoas interesadas en participar no Premio de Poesía Afundación dispoñen ata o vindeiro 31 de xullo para presentarse á convocatoria da decimonovena edición deste galardón que convocan anualmente Afundación, a Obra Social de ABANCA; a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Centro Pen de Galicia co obxectivo de promover o uso da lingua galega na creación poética.
As bases pódense consultar aquí. Poderán presentar obras inéditas, que non concorresen a ningún outro concurso e cunha extensión mínima de 600 versos. O xurado cualificador estará constituído por cinco persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario. Como presidente exercerá o titular do Centro Pen de Galicia, Luís G. Tosar e como secretario o director desta entidade, Xabier Castro Martínez. A súa decisión farase pública a través dos medios decomunicación no outono de 2021. O texto gañador recibirá un único premio de 6.000 euros e será publicado, ademais, na colección «Arte de Trobar», editada polo Centro
Pen de Galicia e Afundación.
A HISTORIA DO PREMIO
O galardón nace no ano 2002 a instancias do Pen Club de Galicia e de Afundación co obxectivo de reforzar a imprescindible produción poética en galego e continuar o enriquecemento da creación cultura galega actual.
Alerta