15 diciembre, 2021
Un grupo de 22 alumnos e alumnas do módulo de Escaparatismo do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais e outro de catro estudantes do Ciclo Superior de Comercialización de Produtos Alimentarios do IES Luis Seoane de Monte Porreiro, capitaneados pola profesora titora Iria Morgade, formarán parte do xurado do Concurso de Escaparates de Nadal organizado pola Concellería de Promoción e Turismo e a plataforma #PonteLovers en colaboración coa empresa Pontevedra Digital.
O alumnado, que emitirá un voto conxunto, recibirá esta tarde no centro a visita da responsable desta firma, Marga Caeiro, que lles explicará como se vai desenvolver este certame e os puntos que deben ter en conta na súa valoración, protagonizando o venres pola tarde un percorrido polos escaparates participantes, (con saída desde a Praza da Peregrina ás 17:00 horas).
A concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, precisa que “á marxe dos estudantes do IES Luis Seoane, tamén formarán parte do xurado nomes de auténtico luxo como Carmen Hermo, artista e docente da Universidade de Vigo; o escritor e presentador Manel Loureiro; a escaparatista e deseñadora de interiores Hilenia Iglesias Calvete, e Luz Gómez Señoráns, técnica de Distrito Forestal”.
“Os membros do xurado -avanza a edil do PSOE- reservaranse a posibilidade de visitar individualmente os escaparates finalistas en calquera momento entre os días 16 e 26 de decembro”.
Alerta