15 agosto, 2021
O resto do persoal do posto de socorro mantense en corentena ata descartar novos casos
A bandeira azul da praia da Compostela tivo que recollerse a primeira hora da mañá de onte ao dar positivo en covid un dos socorristas asignados a este areal.
Aínda que se trata dun único caso confirmado, a baixada da bandeira adóptase ao ter que suspenderse todo o servizo pola preceptiva corentena que debe gardar o resto do persoal asignado á praia e, nas diferentes quendas de traballo, estivo en contacto directo co socorrista enfermo.
O posto permanecerá pechado en espera de coñecer a evolución dos socorristas que deben someterse aos sucesivos test de antíxenos para descartar ou confirmar novos positivos. O servizo retomarase e a bandeira azul volverá a izarse cando exista a plena seguridade de que o persoal non está contaxiado.
A baixada da bandeira azul non implica o peche do areal. Como en calquera outra praia que carece deste recoñecemento, os bañistas poden seguir desfrutando dela, pero coa debida precaución e a sabendas de que non dispoñen do servizo de socorro.
Na praia do Campanario segue ondeando a bandeira azul e continúa en funcionamento o posto de socorro, xa que o persoal de ambas praias traballan como burbullas independentes e, polo tanto, non estiveron en contacto.
Alerta