28 agosto, 2024
O Salón de Plenos do Concello de Marín recibiu esta mañá á nova promoción de guardiamarinas que iniciaron o seu primeiro ano académico no centro castrense, “a nosa universidade”, tal e como explicou a rexedora. Ramallo parabenizou a todo o alumnado, “que xa traballastes moito para chegar ata aquí, xa que supón moito esforzo de estudo e de disciplina”.
A alcaldesa deulles a benvida a Marín, un lugar que queda no corazón de todos aqueles que pasan por él e que sempre será unha época importante na súa traxectoria académica. Esta tradición sempre coincide coa primera vez que os guardiamarinas saen da Escola Naval desde a súa chegada. “Compartiredes moitas experiencias coa nosa veciñanza, que vos recibirá de moi bo grao, e teredes unha aprendizaxe que non olvidaredes con facilidade”.
Ramallo incidiu en que esto é unha “vocación” e que acadalo supón cumplir un “soño para moitos de vós”, moitos dos cales, tal e como se puxo de manifesto durante a recepción, nin sequera herdan da familia a profesión de oficiais da Armada ou dalgunha outra rama militar.
Alerta