28 agosto, 2024
A Asociación Botón de Ancla, xunto coa concelleira de Festas, Marián Sanmartín, e o concelleiro Manuel Santos, presentaron esta mañá a V Festa de Exaltación do
Peixe Raia, unha presentación na que tamén estiveron presentes a Autoridade Porturia do Porto de Marín, a Policía Local e a Nacional e a Asociación Cultural
Céltica, así como os restaurantes que participarán do evento gastronómico.
A festa será os días 30, 31 de agosto e o 1 de setembro, nos seguintes restaurantes, que darán estas opcións de menú a 20 euros, incluíndo bebeidas postre e cafés, e sempre con reserva previa:
Bar Restaurante Lorenzo (A Potona)
● Ensalada de raia
● Croquetas de raia
● Raia en caldeirada
● Raia guisada
● Raia á plancha
Bar Restaurante O Lar da Rosa
● Croquetas de raia con queixo Grana Padano
● Cazola de raia con ameixas
● Caldeirada de raia con allada
Restaurante marisquería O submarino
● Caldeirada de raia
● Raia en salsa dourada
● Raia á mariñeira
Ademais, durante todos estes días haberá ambientación musical para acompañar á festa. O 30 de agosto ás 19.30 horas, tocará unha ruada o grupo de gaitas de
Carballido. O 31 á mesma hora será a quenda de Máis Cantos, e finalmente o 1 de setembro teremos ás 12.00 horas, a Charanga Os Jalácticos, e pola tarde na
Alameda, ás 19.00 horas, a actuación de Antonio Miniño e ás 20.00 horas, o Trío Azabache.
Alerta