29 agosto, 2021
Santiago. A terceira e última mesa redonda das xornadas Sanxenxo na Historia, proxecto que coordina Marcelino Agís Villaverde, profesor de Filosofía da Universidade de Santiago (USC), desenvolveu un coloquio titulado Sanxenxo no Século XIX: Homenaxe a Emilia Pardo Bazán, ao cumprirse este ano o 100 anos do seu pasamento.
A asociación de estudos locais tense ocupado do pensamento, a obra e a vinculación con Sanxenxo de dona Emilia en varias ocasións pola gran vinculación de dona Emilia con Sanxenxo, onde pasou os verans da súa infancia e mocidade na casa familiar da Torre de Miraflores. Reunimos no ano 2018 as conferencias sobre dona Emilia nun libro titulado Emilia Pardo Bazán, la escritora en Miraflores (Hércules edicións).
“Con esta mesa redonda quixemos poñer marco histórico a súa figura descrindo algúns dos acontecementos históricos e figuras do século XIX no que ela viviu boa parte da súa vida”, sinala o profesor Marcelino Agís.
Participaron Celestino Viéites, periodista e escritor, autor dunha obra dedicada á prensa de Sanxenxo no século XIX; e tamén Isidoro Sabell Salgués, tesorero da Asociación de estudos locais e autor dun libro sobre a Historia de Sanxenxo.
Si ben o sábado, o intre que pechou o evento logo de tres xornadas de debate cultural e académico foi a entrega do Premio Sanxenxo na Historia 2021 o secretaría xeral de Política Lingüística. Valentín García Gómez, alí presente.
O xurado da edición deste galardón, estivo integrado por Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo; Paz Lago, Concelleira de Educación e Cultura do mesmo concello; Ángeles Marcos Alonso, secretaria da Asociación de Estudos Locais de Sanxenxo; e Ana Cancela Muras, premiada na edición de 2020 e o Agís.
No programa do sábado, despois dunha introducción musical a cargo de Xacobe Medina, graduado en violin e estudante de Filosofia na USC, tivo lugar unha mesa redonda coa moderación de Carmen Outón Rea, directiva asociación de estudos locais (aelos) nun coloquio con ponencias de Rafael Fontoira Surís, arquitecto e vice-presidente de AELos; e Diana Fernández Soutullo, directiva da asociación Andarela , do mesmo Sanxenxo.
Alerta