Varela presenta ao Parque Nacional das Illas Atlánticas na reunión da xunta directiva de Amuparna

Compartir
Alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela. Fonte: Concello

O encontro celébrase este ano no Parque Nacional de Sierra de Las Nieves, en Málaga, o último en incorporarse á asociación.

 

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, desprazase hoxe ao municipio malagueño de Tolox para participar na reunión da xunta directiva de Amuparna, a asociación que reúne aos municipios integrados en parques nacionais do territorio español. O rexedor vilagarciá asiste en calidade de vogal da directiva e en representación do parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, do que Vilagarcía forma parte coa illa de Cortegada.

A reunión da xunta directiva da Amuparna ten como obxectivo presentarse de forma oficial ante os alcaldes e alcaldesas dos municipios integrados no parque Sierra de Las Nieves, que acaba de obter a declaración de Parque Nacional por parte do Ministerio e que é o último en incorporase á rede da asociación.

Os membros da directiva tamén aproveitarán para coñecer a Sierra de Las Nieves e esbozar os asuntos que van a tratar na asemblea xeral de Amuparna a celebrar en Lanzarote a finais de novembro, e na que afondarán en temas de xestión, financiamento, promoción e desenvolvemento dos parques nacionais.