Fonte da praza Rafael Pazós
7 septiembre, 2021
A medida enmárcase nas actuacións proxectadas para manter e conservar o patrimonio local
En breve comezará a restauración da fonte da Praza Rafael Pazos, que tamén conta co permiso de Patrimonio
A labor de mantemento e conservación do patrimonio histórico local, que está a levar a cabo o Concello de Vilagarcía terá continuidade en breve, con dúas novas actuacións que xa contan coa autorización da Dirección Xeral de Patrimonio. Trátase do proxecto de restauración e acabado da fonte Rafael Pazos de Vilaxoán, e a limpeza das xarras e os leóns que decoran a Praza do Consistorio, último proxecto en contar co preceptivo permiso de Patrimonio. Cumprido este trámite, os traballos comezarán en breve.
Ámbolos dous proxectos de conservación, foron encargados polo Concello á restauradora Iria Lopez, que tamén será a que execute os traballos.
A actuación máis laboriosa é a prevista na fonte de Rafael Pazos, onde, ademais de limpar a pedra e realizar as labores de restauración que sexa preciso, tamén se procederá a reparar a columna central da fonte, recolocando a peza ornamental desprendida da parte superior da mesma. Ademais, eliminarase o verdín acumulado na zona interior do vaso, e farase unha limpeza xeral da pía.
No caso das esculturas dos leóns e as xerras de pedra de Ravella, a actuación que se quere realizar é máis sinxela, posto que soamente consistiría na limpeza da pedra.