13 de septiembre de 2024
4 octubre, 2021
Na tarde deste luns ten lugar o acto de acendido do marcador electrónico de 4×3 metros que descontará o tempo restante ata o 24 de decembro.
“Queremos empezar a respirar o Nadal”, explicou Caballero: “Xa saben que o Nadal o marca Vigo, que é Vigo quen marca as pautas do Nadal neste planeta”.
O contador está emprazado na rúa do Príncipe, ante o Museo de Arte Contemporánea da cidade, e se acende este mesmo luns, ás 20 horas, nun acto presidido polo Alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen detallou que este “gran reloxo” ten unha pantalla de 4×3 metros sobre unha plataforma.
O electrónico marca a conta atrás para a chegada do día do Nadal.
Alerta