11 julio, 2021
Nunha xuntanza coa hostalería celebrada esta semana, o alcalde agradeceu o traballo do sector e afirmou que “non son culpables da suba dos positivos por COVID-19”. Abel Caballero avanzou que haberá “moita vixilancia” a posibles reunións de persoas nas rúas para facer botellón durante a fin de semana.
Dun xeito relaxado, comunicoulles o bo facer do sector: “Queremos a sua cooperación e coordinación. A hostalería respecta as normas”, dixo. E apuntou que pódese facer diversión sen contaxios e sen romper as normas.
O alcalde insistiu en “non culpar á xente nova” xa que “son moi poucos, ao redor dun 4%, os que non cumpren as normas”.
Así, o Concello pecha Praza de Portugal, a zona alta de Joaquín Loriga e Praza Montero Ríos para evitar aglomeracións. A Policía Local non tivo que intervir en ningunha das zonas do centro da cidade.
Alerta