5 diciembre, 2023
″El Concello de Vigo convocó a las Autoridades Civiles y Militares a un acto conmemorativo del Día de la Constitución en el Museo Marco de Vigo.
A la convocatoria asistió el Delegado de Gobierno, Don Pedro Blanco Lobeiras, así como el Alcalde de Vigo y su corporación, la Delegada Territorial de la Xunta de Galicia, Ana Ortiz, Marta Fernández-Tapias, Vicepresidenta de la Diputación de Pontevedra y más de 120 personas entre autoridades y sociedad viguesa.
Abrió el acto Don Pedro Blanco con un discurso sobre los 45 años de nuestra Constitución y los valores de la misma.
Por su parte, Abel Caballero, hizo un discurso que os dejamos integro ara que lo podáis leer completo.
DÍA DA CONSTITUCIÓN
Vigo, 5 de decembro de 2023
(Discurso de Abel Caballero, Alcalde de Vigo)
Corenta e cinco anos cumpre a Constitución. 1978- 2023. Votámola con entusiasmo. E durante estes corenta e cinco anos xeracións enteiras viron o
seu ámbito de desenvolvemento persoal, político e de liberdades amparado pola Constitución. A Constitución do 78 foi capaz de regular e efectuar unha gran transformación e tender unha gran ponte para alcanzar a sociedade moderna actual.
Recoñécese agora aquel exercicio de xenerosidade, de diálogo, de cesión de todos os grupos políticos que podían considerar que a súa posición era a
axeitada. Foron capaces de ver que era imprescindible o entendemento para facer aquela transición desde un estado ditatorial á situación da democracia, do libre xogo da política, do afianzamento da propia democracia e da seguridade xurídica que está a regular a vida política de España.
Foi certamente unha mostra dun gran nivel da política. E aquela Constitución é a que hoxe celebramos. Foi a Constitución que abriu espazo democrático a tantos gobernos de tantas cores políticas. En España, nas comunidades autónomas e nos concellos, gobernos de diferentes tendencias políticas desempeñaron as súas funcións coa contribución, a veces máis e a veces menos, da oposición.
Gobernos monocores: UCD; Partido Socialista; Partido Popular; e gobernos de coalición a partir do ano 2019, porque a Constitución, entre as súas
virtudes, ten a de dar cobertura á forma de entender a política desde o reflexo da sociedade.
E cando a evolución da sociedade foi marcando estadios distintos, con gobernos monocores ou de coalición, a Constitución seguiu amparando e
abrindo espazo para que o xogo político seguira sendo reflexo da sociedade.
A Constitución está mostrando unha enorme fortaleza, cos poderes do Estado democraticamente emanados da cidadanía. A Carta Magna dálle abrigo a todos, incluso a aqueles que non a recoñecen.
Esta é a grandiosidade da Constitución, isto foi o que os poderes constituíntes conseguiron.
A Constitución, ademais da dialéctica da política, establece a arquitectura do Estado. Os diferentes órganos regulados por leis orgánicas, ostentan as
competencias e a súa composición: o Tribunal Constitucional, o Consello Xeral do Poder Xudicial, o Tribunal de Contas, o Valedor do Pobo. E así
poderiamos ir citando todos aqueles organismos que a Constitución establece e que as leis regulan.
E todo, todo ten que ser desenvolvido cumprindo a Constitución. O acatamento da Constitución tamén require que os que teñen maiorías o asuman e os que están en minorías o asuman tamén. E todos deben aceptar que, chegado o momento, teñen que renovarse os órganos constitucionais de
acordo coa letra e as normas da Carta Magna.
E tamén forma parte do xogo democrático asumir que a propia evolución da sociedade, en estadios distintos, implica diferentes formas de facer goberno.
Houberon de pasar moitos anos desde a chegada da democracia para que, por primeira vez, nun pacto de constitución de goberno, se negociaran
cesións. Foi en 1996 cando o partido que tentaba gobernar, por ter sido lexitimamente a forza que o podía conseguir, estableceu unha pauta de
negociación.
E nese marco de negociación fixéronse concesións cedendo competencias ás comunidades autónomas. Así, os Portos do Estado que a min,
particularmente, paréceme unha mala decisión porque creo que estas infraestruturas teñen que formar parte do Estado como marca a propia
Constitución. Pero cedéronse. Ao igual que se cedeu a competencia sobre Tráfico que, baixo a miña modesta opinión, debera igualmente manterse no
ámbito do Estado. Pero tamén se cederon.
Pode gustar máis ou menos, pero democraticamente debe ser aceptado. Debemos asumir que nalgúns momentos, a formación dun goberno, como
sucedeu en 1996, supuxo cesións a outros grupos políticos, neste caso nacionalistas.
No ano 2019, emanado dunhas eleccións e por primeira vez, constitúese en España un goberno de coalición e ademais en minoría e funcionou. E,
posteriormente, fórmase outro goberno encabezado por un partido que non foi primeira forza, e tamén funcionará.
Aconteceu no Goberno de España algo que era habitual e normal noutros ámbitos do Estado. Nos concellos sucedeu miles de veces que a segunda e a
terceira forza e, ás veces, con outras forzas políticas, conseguiron maioría absoluta nos Plenos e formaron gobernos.
Sen necesidade de ir moi lonxe, aquí en Vigo, tras as primeiras eleccións democráticas en 1979, non gobernou a forza máis votada senón que o fixo
un goberno de coalición. A segunda forza conseguiu maioría no Pleno deste Concello. Xa en 1979.
Este patrón reproduciuse centos e centos de veces en concellos e en tantas comunidades autónomas nas que a segunda e a terceira forza formaron
gobernos. Mesmo aquí en Galicia, no ano 2005, formouse un goberno de coalición coa segunda e a terceira forzas políticas, tan lexítimo como un
executivo con maioría absoluta sostido por un solo partido. Decídeo a cidadanía co seu voto.
Non podemos nin debemos equivocar o debate político coa constitucionalidade. É lexítimo, constitucional e legal que en sistemas parlamentarios gobernen partidos políticos que non son primeira forza e, reitero, isto sucedeu en multitude de ocasións en multitude de siglas políticas en toda as administracións.
Debe ser asumido como un normal funcionamento democrático. Porque tan lexítimo é sometelo ao debate político como a conformación deses gobernos.
E esa volve ser a grandiosidade da Constitución, que dá acomodo a tantas forzas políticas, a tantas ideoloxías nas circunstancias de cada momento.
E partidos minoritarios acceden democraticamente a conformar goberno ou mesmo a apoiar gobernos a través de pactos políticos.
Particularmente, creo que as mellores maiorías son as outorgadas electoralmente pola cidadanía no exercicio da súa liberdade. E Vigo pode ser
un caso reseñable. O Goberno de Vigo é igual de lexítimo que o Goberno de calquera outra cidade que conforma en España gobernos de coalición. Pero non son igual de eficaces. O modelo Vigo, único en España, outorgou cinco maiorías de Goberno, as tres últimas con arredor do 70% das concellerías. Esa é a proba da boa marcha da cidade.
E hai un dereito constitucional: as dotacións de infraestruturas, e aí está que cheguen de xeito similar aos territorios que as precisan. Pois aquí hai unha grande desigualdade. Vigo, décimo cuarta de España, non ten AVE, non ten autovía porque algún goberno nola parou nos anos 14. E a miña voz como alcalde levantouse entón case illadamente, forte na súa demanda.
Agora están en marcha, mais desde aquí sempre levantarei a miña voz e a miña forza, a nosa forza para reivindicalas. O ministro Óscar Puente
asegurouno, pero en Vigo permaneceremos vixilantes, como fixen sempre.
Porque o meu partido é Vigo.
Mais a Constitución tamén recolle, e neste caso dun xeito tallante, que os órganos da arquitectura do Estado, o Consello Xeral do Poder Xudicial, o
Tribunal de Contas ou mesmo o Tribunal Constitucional están sometidos a límites temporais establecidos e, cando se esgotan eses prazos, as forzas
políticas teñen a obriga constitucional da súa renovación.
E a Constitución é sabia porque require maiorías cualificadas para asegurar a proporcionalidade e potenciar os consensos.
Ancorada a positividade dos equilibrios e da proporcionalidade, é preciso explicitar que, cando un partido ten unha presenza no Consello Xeral do
Poder Xudicial e isto tamén sucede no Tribunal de Contas -e isto tamén sucede nos tribunais de contas autonómicos- froito dunha determinada
situación política ad hoc, cando expira o prazo é imprescindible a súa renovación respectando as novas maiorías e minorías, favorezan a quen
favorezan.
E non se fai moito aprecio á Constitución cando se bloquea unha renovación porque non se acepta a nova composición do Parlamento. Esta actitude é un ataque á Constitución e non permite o libre xogo democrático das forzas políticas aplicando os valores constitucionais.
A sociedade evoluciona e a Constitución ampara a transformación social. E por iso é preciso respectar á sociedade cumprindo a Constitución.
Convén neste momento destacar o papel do Tribunal Constitucional, un órgano encargado de ditaminar a constitucionalidade das normas. Ata o de
agora, as decisións deste órgano sempre se aceptaron, independentemente dos lexítimos intereses de cada parte.
Lamentablemente, nos últimos tempos estamos asistindo a algunhas polémicas sobre a constitucionalidade de certas normas. Hai algún tempo
cuestionábase a constitucionalidade da lei de interrupción voluntaria do embarazo; a lei do matrimonio entre persoas do mesmo sexo; algunhas leis
que establecían normas de regulación autonómica e tantas outras.
Pero non son os partidos políticos os que deciden sobre a constitucionalidade das normas, senón que é o Tribunal Constitucional e isto é outra das grandes fortalezas da Constitución.
Porque ante determinados debates políticos vai ser o Tribunal Constitucional o que decida se unha lei é constitucional ou non, resolución que temos que acatar exactamente igual que se fixo ata o de agora. Cando nos gusta e cando non nos gusta.
E con nós Mónica Valderrama, vicerreitora da Universidade de Vigo, muller do mundo da verdade, da comunicación, da proximidade ás persoas e da
docencia. Autora do pregón, é un privilexio ler o teu bando.
E con nós tamén, e por primeira vez na historia da democracia, o delegado do Goberno, Pedro Blanco, nun acto organizado polo Concello de Vigo, do
que somos copartícipes e no que mostramos a lealdade entre as institucións, como sinala a Constitución.
E hoxe especialmente apreciada a lealdade.
Con nós participaron aquí o presidente do TSXG, o presidente da Audiencia Provincial, o xuíz decano de Vigo, o actual presidente do Tribunal
Constitucional, reitores da Universidade de Vigo, ministros, altos cargos da Comunidade Autónoma do Estado e hoxe, o delegado do Goberno.
Seguimos falando da arquitectura do Estado, das CCAA e das Entidades Locais e fundamentalmente, dos concellos. A Constitución apenas dedica tres
artigos 137, 140 e 142 aos concellos. Pero nestes corenta e cinco anos a evolución da sociedade reforzou notablemente a relevancia das cidades. Case que podemos dicir que todo sucede nas cidades.
Tantas demandas, tantas cuestións para as que os concellos carecemos de competencias.
Porque ostentamos liderado en evolución, en innovación, en modelos de convivencia, en tecnoloxía, en economía, en medio ambiente, en mobilidade,
en proximidade, un catálogo de realidades que son demandas da cidadanía que non se transmiten ás comunidades autónomas e, aínda menos, ao
Estado. É preciso, por tanto, que as accións municipais teñan cobertura normativa.
Son moitas as áreas nas que se evidencia a carencia de competencias dos concellos.
En tantas comunidades autónomas agrávase a situación con leis abusivas contra os concellos. Sirvan de exemplo normas que obrigan a cidades a
sufragar competencias dos gobernos autonómicos vulnerando de forma evidente a autonomía municipal. Cando a través de leis se delegan
competencias sen os correspondentes recursos económicos, incúmprese a Constitución. Pero os municipios non podemos recorrer ao Tribunal
Constitucional.
Os concellos ocupan cada vez máis espazo social e, sen embargo, están cada vez máis constrinxidos polas comunidades autónomas. Hai que articular mecanismos que modifiquen esta situación porque a evolución da propia sociedade está a reclamalo.
Esta anomalía democrática ten que ser corrixida da man de grandes acordos que xa son imprescindibles. O primeiro deles pasa por acometer a segunda quenda de descentralizacións.
O Estado cedeu múltiples competencias ás comunidades autónomas. Pola contra, estas administracións non cederon competencias ás cidades, nin
sequera cando resulta notorio que somos as cidades as máis capacitadas para tratar con tantas e tantas cuestións.
Os concellos somos receptores inmediatos de demandas cidadás relacionadas co medio ambiente, coa política social, coa industria, co emprego… cuestións que hai que resolver. Aquí en Vigo, neste momento, e ante a desatención da comunidade competente, é o Concello o que asume tantos deses retos.
A normalidade na relación comunidades autónomas- cidades ten que ser restablecida e, quizais, haxa que imitar aos países da contorna europea nos
que as cidades xogan xa o papel central que lles corresponde. Pero, en tanto esta corrección non chega, nós seguiremos facendo que Vigo siga levando adiante a cobertura das necesidades da cidadanía.
Porque é o mandato da Constitución.
Viva a Constitución!
Viva Vigo!
Viva Galicia!
Viva España!
Alerta