Vigo é elixida polos lectores de The Guardian como cidade ideal de vacacións en España

Compartir

Abel Caballero puxo de manifesto a importancia de aparecer “nun dos principais diarios do mundo”.

Vigo volve a aparecer nas páxinas do xornal británico The Guardian como cidade ideal para as vacacións en España. Desta volta, a cidade é elixida polos lectores pola gastronomía, o movemento e ambiente na cidade e as praias.

O alcalde puxo de manifesto que “Vigo está na referencia como cidade de vacacións en España nun dos principais diarios do mundo” e sinalou que “isto é o que queríamos e conseguimolo”. Caballero recoñeceu que “isto débese ao comportamento da cidade, a capacidade para o noso proxecto urbano e cidadán”.

Caballero lembrou que o xornal xa visitou Vigo no 2017, como di o artigo. Exactamente relata o seguinte:

“We had little knowledge of what Vigo would be like before we visited it in 2017. What we found was a bustling port city with welcoming people and delicious food. Being on the Galician coast means the local speciality of octopus is abundant. Every restaurant does their own version of this delightful, meaty delicacy. In contrast to the prices in some of Spain’s more popular cities, Vigo is affordable – for less than €2 you could have a beer, or small glass of wine, and a small, free tapas. The highlight of our visit was a trip to the Cies Islands (a 45-minute ferry from Vigo), with golden beaches that have, rightfully, been named among the most beautiful in the world.”

O rexedor afirmou estar “ao nivel de competir coas cidades máis renomeadas nestes términos” e puxo de manifesto que “no Nadal superamos a todas”.

Datos de turismo

Abel Caballero tamén ofreceu os datos de turismo do pasado fin de semana que chegaron ao 60,6% de ocupación hoteleira. O rexedor destacou a alta ocupación dos hoteis Bahía (98%) e Cidade de Vigo (87%) impulsados polo rodaxe da película “Un home en acción” do cineasta Javier Ruiz e protagonizada polo actor Juan José Ballesta.

Vigo, cidade de cine

A cidade comeza a afianzarse como espazo para producións audiovisuais. Caballero enumerou 21 proxectos como longametraxes, curtas, series e programas de televisión, documentais e anuncios de publicidade que elixiron Vigo como escenario neste ano. O ano pasado foron 26.