4 septiembre, 2024
“Este ano está a ser un ano turístico excepcional”, expresou Abel Caballero ao dar a coñecer os datos de hoteis e pasaxeiros no aeroporto de Vigo durante o mes de agosto. En canto as prazas hoteleiras, marcaron un novo récord nas cun 89,7% de ocupación. Este dato supón unha suba do 9% con respecto ao ano anterior. En canto á terminal viguesa, a ocupación foi do 85%, similar ao ano anterior.
En canto á procedencia dos turistas, o 6,3% chegan doutros puntos de Galicia, o 66% do resto de España e o 27,6% son internacionais. Dos estranxeiros destaca Portugal, cun 39% do total. Tamén Italia cun 14,5%. Séguenlles Francia (6,5%), Estados Unidos (6,3%), Alemaña (5,4%) e Reino Unido (4,8%). A estancia media dos turistas superou os dous días.
O alcalde celebrou os datos do aeroporto “que funciona a mercado salvo a ruta a Londres que é financiada polo Concello”. A ocupación dos voos a Barcelona obtivo unha media do 96% no mes de agosto. Londres e Palma de Mallorca rexistraron un 94,5%. Tenerife e Gran Canaria superaron o 85%, a conexión con Menorca foi do 83,5%, Lanzarote achégase ao 79%, Ibiza ao 60% e o voo a Santander rexistrou o 51,5% de ocupación.
Para Caballero “Vigo funciona como cidade turística, de negocios, congresos e en todos os niveis”.
Alerta