14 agosto, 2024
Juan Carlos I e a praza de España péchanse ao tráfico esta tarde con motivo do pregón e a ofrenda floral a San Roque
A Policía Local de Vilagarcía informa dos cortes de tráfico que se desenvolverán mañá e pasado, 15 e 16 de agosto, en distintas zonas da cidade con motivo das celebración de San Roquiño, a Festa da Auga e San Roque. Os axentes solicitan a colaboración dos condutores e da veciñanza e pregan que se sigan as indicacións para evitar incidencias. Ás persoas que se acheguen doutros municipios pu da periferia, aconséllaselles que adianten a súa chegada e recorran aos estacionamentos disuasorios.
Mañá, día 15 de agosto, entre as 12.30 e as 13.30 horas restrinxirase a circulación na rúa San Roque e na avenida das Carolinas debido aos actos festivos do San Roquiño o Pequeño. O tráfico en sentido a Pontevedra desviarase pola rúa Santa Eulalia, e por beiramar (Valle-Inclán e Rivero de Aguilar) o que circule en sentido Carril.
O día 16, festividade de San Roque, realizaranse cortes de tráfico e desvíos a partir das 11.15 horas con motivo da celebración da Festa da Auga. Serán na Praza de España, rúa San Roque, avenida As Carolinas (ata a confluencia con Rodrigo de Mendoza), Juan Carlos I e Rosalía de Castro (ata a rotonda do Ramal). A maiores, segundo o requiran as necesidades debido ás aglomeracións de xente nas rúas, é posible que se levan a cabo outros cortes e desvíos provisionais para garantir a seguridade viaria.
Na tarde do venres 16 tamén se realizaran desvíos de tráfico a partir das 20.15 horas debido á celebración da procesión relixiosa. Veranse afectadas a avenida das Carolinas, Juan Carlos I ata o Ramal e os accesos á Praza de España.
AVISO PARA A TARDE DE HOXE
Tamén se realizarán cortes de tráfico que se levarán a cabo na tardiña de hoxe con motivo da lectura do pregón e a ofrenda floral a San Roque. Os peches afectarán á avenida Juan Carlos I, á avenida Rosalía de Castro e á Praza de España, e comezarán ás 20.15 horas nas dúas primeiras e ás 20.45 na praza da igrexa de Santa Baia. As rúas reabriranse tan pronto rematen os actos. A Policia xa colocou onte carteis informativos nas rúas afectadas, informando da prohibición de estacionamento de vehículos a partir das 18:00 horas.
En Juan Carlos I realizarase o corte á altura da estación de servizo, de xeito que os vehículos se desvíen por Santa Eulalia cara Rodrigo de Mendoza. Na avenida Rosalía de Castro os peches serán no cruce coa rúa Colón e na rotonda do Ramal, onde os vehículos teñen como alternativa circular pola rúa Santa Lucía ou Rivero de Aguilar.
Haberá un Policía en cada punto de corte para informar e, se as circunstancias do tráfico o permiten, autorizar o acceso a vaos permanentes aos vehículos que non precisen chegar á Praza Ravella. Os usuarios de vaos e residentes do barrio de Os Duráns deberán acceder dende Avenida Rosalía de Castro e posteriormente por Avenida López Ballesteros.
Unha vez rematado o pregón a comitiva trasladarase á Igrexa Parroquial, co seguinte percorrido:
– Juan Carlos I.
– Xardíns de Praza Ravella.
– Ramón e Cajal.
– Praza de Galicia.
– Rúa Castelao.
– Rúa Xeneral Pardiñas.
– Rúa Covadonga.
– Praza de España.
As rúas afectadas estarán pechadas ao tráfico rodado durante o transcurso da comitiva, quedando restrinxido o acceso e saída de vehículos dos vaos permanentes.
A Praza de España permanecerá pechada ao tráfico ata o remate da ofrenda floral, dende a intersección da Avenida do Doutor Tourón coas rúas Fariña Ferreño e Alejandro Cerecedo.
Alerta