10 noviembre, 2021
Concederanse un total de cinco premios en metálico, un primeiro de 595 euros, dous segundos de 395 cada un e dous terceiros de 200 euros.
Os establecementos interesados en participar poden inscribirse ata o 3 de decembro.
Os participantes deberán manter a decoración entre o 3 de decembro e o 6 de xaneiro, como mínimo, e a iluminación prendida ata as 22.00 horas.
A Concellería de Promoción Económica convoca a terceira edición do IV Concurso de Decoración do Nadal destinado a que locais comerciais, de restauración, praceiros e hostalería contribúan a crear ambiente navideño decorando os seus escaparates, fachadas e acceso aos establecementos, así como para contribuír a dinamizar a actividade comercial. Para fomentar a participación, o Concello concederá 5 premios en metálico ás mellores decoracións, repartido un total de 1.785 euros. Os interesados poden inscribirse a través da sede electrónica ata o vindeiro 3 de decembro.
Con esta iniciativa, ademais de dinamizar a actividades nos locais participantes, a concellería que dirixe Alba Briones, pretende que a iluminación de Nadal que pon o Concello nas rúas e prazas da cidade se vexa complementada coa decoración dos exteriores dos establecementos, creando así moito máis ambiente navideño nas rúas da cidade.
Entre os requisitos a cumprir polos participantes están manter a decoración de Nadal do 3 de decembro ao 6 de xaneiro, como mínimo, e ter a iluminación prendida ata as 22.00 horas. Tamén terán que poñer nunha zona visible do escaparate ou a entrada ao local o cartel que lles entregará o Concello e que os identifica como participantes no concurso. Ademais, deberán presentar pola sede electrónica dúas fotografías do establecemento decorado, trámite para o que dispoñen de prazo ata o día 3 de decembro.
O xurado visitará os locais participantes para avaliar a decoración. Valoraranse aspectos como si se decora só un elemento ou todos, (escaparate, fachada e acceso), a iluminación, o uso de materiais naturais e de reciclaxe e a innovación e deseño. O establecemento mellor valorado obterá o primeiro premio, dotado con 595 euros. A maiores concederanse dous segundos premios por importe de 395 euros cada un, e outros dous terceiros de 200 euros.
A Xunta Local de Goberno aprobou na reunión deste luns as bases do concurso, documento que se poderá consultar a través do taboleiro de anuncios da web municipal www.vilagarcia.gal ou da sede.vilagarcia.gal
As inscricións no concurso formalizaranse mediante solicitude, (instancia xenérica-formulario 01001), presentada a través da sede electrónica do Concello (sede.vilagarcia.gal) debidamente cumprimentada e asinada. O prazo remata o 3 de decembro.
Alerta