Vilagarcía ofrécese como Concello acolledor de personas migrantes afganos

Compartir

O Concello xa colaborou nunha campaña humanitaria similar en setembro de 2015 cando se desatou o conflito bélico en Siria

Dende maio de 2017, polo piso de acollida do Concello pasaron un total de 44 persoas protexidas internacionalmente

Ademais de ofrecerlle aloxamento e manutención ofreceráselles recursos e ferramentas para facilitar a súa integración socio-laboral

O Concello de Vilagarcía ofrécese como municipio acoller para os refuxiados afganos que están a fuxir do seu país ante o avance das talibáns e a marcha das forzas militares estadounidenses. Para a posta en práctica desta medida humanitaria, o Concello dispón dunha vivenda e recursos propios para acoller e dar cobertura a estas persoas. O sistema será similar ao do piso municipal de acollida que o Concello xestiona a través de Cruz Vermella e polo que, dende a súa posta en marcha en maio de 2017, pasaron 44 persoas (15 familias) de diferentes nacionalidades que contaban con protección internacional.

Esta non é a primeira vez que o Concello de Vilagarcía se propón como municipio acolledor para refuxiados internacionais, posto que xa o fixera en setembro de 2015 cando o conflito bélico en Siria propiciou a dramática fuxida en masa cara Europa de milleiros de familias sirias.

Neste caso, o Concello conta xa coa experiencia do funcionamento do convenio de colaboración asinado con Cruz Vermella que, ademais de xestionar o piso municipal, tamén se encarga de proporcionar a estas persoas os recursos e as ferramentas necesarias para que poidan integrarse social e laboralmente no noso país. O Concello pon o piso e financia os gastos e a organización social cubre as necesidades básicas dos destinatarios do programa e préstalles atención social individualizada do tipo de alfabetización e aprendizaxe do castelán, acompañamento para a obtención de documentación e elaboración dun itinerario de inserción socio-laboral.

NO caso de agora, será o propio Concello quen xestione directamente a acollida e preste o apoio aos refuxiados, complementando así a labor da vivenda conveniada con Cruz Vermella que segue igualmente operativa.