Vilas en flor. Fonte: Concello
17 noviembre, 2021
A distinción recoñece o traballo realizado polo Concello para mellorar e embelecer os espazos verdes públicos do municipio.
O Concello de Vilagarcía vén de ser galardoado con dúas flores de honra no certame Vilas en flor de Galicia 2021, cuxos premios se entregaron nun acto celebrado en Allariz. As distincións que entrega a Fundación Juana de Vega, a Asociación de Viveristas do Noroeste e Asociación Galega de Empresas de Xardinería, son un recoñecemento á labor dos municipios para mellorar e embelecer os espazos urbanos.
As dúas flores de honra outorgadas a Vilagarcía avalan o traballo que se vén realizando nos últimos anos a través de diversas iniciativas que poñen en valor a cidade, a través de actuacións de xardinería e arte floral e que a converten nun lugar máis atractivo e agradable para vivir.
Vilas en flor de Galicia é un programa que quere amosar e poñer en valor a riqueza natural e paisaxística do territorio mediante o recoñecemento público de todos aqueles proxectos de axardinamento, ornamentación floral, mobiliario urbano e espazos lúdicos que son un exemplo a seguir.
Neste marco, o programa que coordina a Fundación Juana de Vega no marco do seu traballo para a mellora integral do territorio e a paisaxe en Galicia, premia ao pobos e cidades que destacan por unha actuación real, consciente e a longo prazo en materia de axardinamento, medioambiente e mellora da calidade de vida dos seus habitantes.
Entre as actuacións valoradas en Vilagarcía destacan tanto o coidado e mantemento habitual das zonas verdes e espazos públicos, coas diferentes campañas de decoración floral que se levan a cabo en primavera, Nadal e verán, como eventos concretos e multidisciplinares nos que a ambientación paisaxística teñen un peso relevante, como por exemplo os xardíns efémeros que se crean durante o nadal para ambientar as rúas durante as festas, a decoración floral de rúas que se desenvolveu durante o certame EspaVila!, ou a realizada na última Festa dos Maios, por poner só uns exemplos.
A acto de entrega das distincións do programa Vilas en flor en Allariz asistiron o concelleiro de medio ambiente, Diego García, o edil de obras, Lino Mouriño e a responsable do servizo municipal de xardíns, Dolores Barreiro.
Alerta