7 septiembre, 2021
O grupo Anémona dedícase ao remo e está composto por mulleres que xa superaron a enfermidade
Varios Edís do Goberno local recibiron á delegación encabeza por unha Concelleira de Benidorm, durante a súa visita ao club de Remo de Vilaxoán
As integrantes do grupo de remo “Anémona”, composto por mulleres que xa superaron esta enfermidade, visitou as instalacións do club de Remo Vilaxoán acompañadas polos concelleiros do goberno local José María González, Luz Durán e Argimiro Serén, así como dos directivos da entidade deportiva. Ao frente da delegación de Bedidorm estaba a Concelleira desa localidade, Cristina Escoda Santamaría.
Anémona Marina Baixa é unha asociación creada en 2020, por un grupo de mulleres que tras superar o cancro decidiron axudar a outros afectados a afrontar a enfermidade do mellor xeito posible, para o cal organizan diferente tipo de actividades. O “Reto Camiño de Santiago” entre Benidorm-Iria Flavia é unha delas. Dado que o grupo está integrado no club de remo do Club Náutico de Benidorm, o reto consistía en recorrer o traxecto por mar que une estas dúas localidades, para o cal a expedición que estaba facendo a ruta facía de guía ás persoas, que dende a súa cidade as acompañaban virtualmente cubrindo os quilómetros utilizando máquinas de remo.
Na penúltima etapa, as mulleres fixeron escala en Vilaxoán para visitar o Club de Remo da localidade. Guiadas polo presidente do club e directivos, coñeceron as traíñas e incluso remaron a bordo dunha delas, antes da súa chegada a Padrón, para continuar a pé a última etapa desta orixinal e solidaria peregrinación ata Compostela.
Alerta