“Violencia Zero” chega a Baiona, da man da vocalista e compositora, Najla Shami

Compartir

Despois de máis de 100 accións artísticas por toda a provincia, a  VI Edición do programa «Mulleres en acción: Violencia Zero» chega a  Baiona coa peza “palabr(A)” a cargo da da artista  Najla Shami, vocalista e compositora, ”Unha conversa que xurde da necesidade de expresar a forma do mundo na boca dunha muller usando a poesía e a música como vehículo e arma”.

O evento terá lugar o luns 9 de agosto  ás  21:00 h. no parque da Palma. As persoas interesadas en desfrutar do evento, poderán reservar praza a través do enderezo electrónico: administrativo.cim@baiona.gal facilitando nome e apelidos, NIF e teléfono de contacto ata o vindeiro luns 9 ás 12:00 horas ou a través do teléfono 986 35 75 54 en horario de 9:00a 14:00 h. ou poderán facilitar os seus datos no acceso ao recinto o propio luns de haber butacas libres.

Para acceder ao recinto é obrigatorio o uso da mascarilla, manter a distancia de seguridade e cumprir todas as medidas de prevención da COVID 19 .