Volve o RasTEA, o rastrexo nocturno para os mozos e mozas de Ponteareas

Compartir

O venres ás 21.30 horas o parque da Feira Vella de Ponteareas será o escenario do inicio da segunda edición do RasTEA, o rastrexo urbano nocturno que o Concello organiza para a mocidade. Os rapaces e rapazas distribuídos en 15 grupos terán que ir pasando probas (habilidade, puntería, cultura local, …) nunha ruta ambientada no mundo do circo. As prazas para participar xa están esgotadas.

O concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, anima á veciñanza a participar nunha actividade “moi divertida”, e que o Concello preparou con “moitas ganas”. “É unha gran oportunidade para percorrer Ponteareas dunha forma divertida e chea de aventura”, destaca o edil.

O RasTEA é unha actividade que forma parte do programa Mocidade Viva, unha iniciativa do Concello que é, para Miguel Bouzó, unha clara mostra de que se poden realizar actividades alternativas, saudables e de xeito seguro destinadas ás mozas e mozos. O concelleiro tamén aproveita esta actividade para recoñecer o “gran traballo” dos dinamizadores xuvenís e monitores de tempo libre, grupos de profesionais e de voluntarios e voluntarias que recibiron