27 diciembre, 2024
Xa se pode iniciar a tramitación de licenzas federativas para a tempada 2025 na plataforma federativa:
https://fag.playoffinformatica.com/FormLogin.php
Son os clubes os encargados da tramitación das licenzas dos seus deportistas na plataforma de FAG, e este ano como novidade os propios deportistas, técnicos e xuices poden solicitala tamén a través da app de FAG para iOS e Android, e unha vez validada polo seu clube será efectiva. Esta app publicarase en breve.
As tarifas podedes descargalas AQUí ou de forma automática dentro da propia plataforma.
Tamén como novidade esta tempada RFAE informa que as habilitacións nacionais e internacionais deben ser solicitadas e tramitadas directamente polos deportistas con RFAE.
Bos voos.
Alerta