28 octubre, 2021
O concelleiro do BNG de Vigo advirte no Pleno da “baíxisima execución orzamentaria” do Concello, con seis de cada dez euros do presuposto municipal sen executar a falta dun trimestre para o remate do ano.
A moción presentada pola fronte nacionalista para estabelecer un Plan de Promoción da Lectura, e unha rede municipal de bibliotecas foi rexeitada polos votos do grupo socialista.
O Bloque Nacionalista Galego criticou a “baíxisima execución orzamentaria” do Goberno municipal de Vigo, con seis de cada dez euros do presuposto da cidade sen executar a falta dun trimestre para o remate do ano. “A acción deste Goberno municipal raia perigosamente na estafa política: promete, anuncia e publicita pero non fai”, denunciou o concelleiro do BNG na cidade, Xabier P. Igrexas, este mércores durante a celebración do Pleno municipal.
A fronte nacionalista advertiu nese sentido de que só foron executados a día de hoxe o 15% dos investimentos previsros, que ascendían este ano a 106 millóns de euros. Entre eles, chamou a atención sobre 34 proxectos de humanización nos que aínda non se executou nin comprometeu un só euro. “O seu é un goberno de propaganda e autobombo. Nunca un Goberno municipal dispuxo de tantos recursos na historia da cidade e fixo tan pouco”, dixo Igrexas, que engadiu que moitas destas partidas “aparecen unha e outra vez nas contas de cada ano”.
Destacou algúns dos incumprimentos que, en opinión o BNG, demostran a falla de xestión do actual goberno e a desantención das necesidades reais dos barrios e parroquias de Vigo. “Nunha cidade onde temos colas da fame, con 60.000 personas en risco de exclusión social, este Goberno municipal permítese o luxo de ter sen executar nin un só euro da partida de máis de medio millón para axudas de alugueiro, vivenda e alimentación”, censurou o concelleiro nacionalista.
Alerta