15 de febrero de 2025
12 marzo, 2024
O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, destapa as mentiras do Goberno de Abel Caballero sobre o reequilibrio da concesión de Vitrasa, logo de que este luns a fronte nacionalista tivera acceso ao expediente pasados 102 días da primeira solicitude e tras o ultimato realizado a pasada semana.
«Mentres Caballero e o seu Goberno insistían nunha tramitación inminente, o certo é que o reequilibrio estaba e e está nun punto morto, cunha resolución que dificilmente se poderá materializar antes do verán», advertiu Igrexas.
Aquí podes ver o vídeo do portavoz do BNG en Vigo.
Alerta