4 octubre, 2021
O Alcalde Luís Piña e o exclicista Alvaro Pino repartiron este domingo bocatas de xamón aos participantes da “Clásica” que leva o seu nome.
A marcha celebrouse cun rotundo éxito de participación, con 400 ciclistas inscritos.
Este domingo 3 de outubro, celebrouse a 6ª edición desta marcha ciclodeportiva, de carácter non competitivo, organizada pola Asociación Deportiva Cultural Plan C, cun trazado de 110 km, dos cales 30 desenvolvéronse polas estradas do noso Municipio.
O percorrido pola Cañiza iniciouse subindo ao Alto de Moncelos (Petán), un dos 3 altos de montaña da Marcha con máis altitude (806m), pasando pola Praza Maior para o primeiro avituallamento, Achas, Parada, Luneda (onde estaba marcado o segundo alto de montaña con 777 metros de altitude), e A Franqueira.
Sobre as 11:30h a Praza Maior da Cañiza converteuse no centro de avituallamento. Durante máis de media hora repartíronse 400 bocadillos do mellor xamón da Cañiza a todos os participantes.
Segundo manifestou o Alcalde “qué mellor xeito de agradecer á organización por ter escollido A Cañiza para formar parte do trazado da Marcha, que agasallando aos ciclistas co noso mellor manxar: o xamón da Cañiza. Abandeirado da nosa oferta gastronómica”.
O Alcalde aproveitou tamén a ocasión para agradecer a colaboración dos xamoneiros da Cañiza que donaron gratuitamente todo o xamón para esta proba. Xamonerías “Os do Resero”, “Pirri”, “Piri-Piri”, “Kenia”, “Paradanta” e “Área de Servicio Repsol de A Cañiza”.
Alerta