26 abril, 2024
Tras o seu nomeamento en xullo do 2023, Xosé Manuel Merelles volveu a ser depositario da confianza do Presidente Alfonso Rueda.
Xosé Manuel Merelles Remy é licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, traballou en varios medios de comunicación ata chegar á Xunta de Galicia no ano 1991, onde foi redactor no gabinete de comunicación da Presidencia, así como xefe de prensa na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e en Sogama. Ao longo de case 25 anos ocupaba a Xefatura da Área de Comunicación da Axencia de Turismo de Galicia.
O seu nomeamento chegaba no DOGA do 24 de abril do 2024, tomando poseción na mañana de onte como director da Axencia de Turismo de Galicia, nun acto presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e no que tamén tomaban posesión dos seus cargos outros representantes do gobero galego, entre eles o novo delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo.
Dende a nosa redacción dámoslle os Parabéns e sabemos que fará un gran traballo polo Turismo de Galicia.
Alerta