O secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE, David Regades, en nome e
representación das agrupacións socialistas dos 61 concellos da provincia
de Pontevedra expresa o noso apoio ao Presidente do Goberno de España
e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, e a súa esposa, Begoña Gómez.
Así como o noso rexeitamento rotundo á situación de acoso persoal que
PP e Vox están levando a cabo, superando tódolos límites.
Os e as socialistas da provincia de Pontevedra queremos manifestar diante
da sociedade desta provincia, sempre madura e responsable e que tanto
apoio nos ten brindado nos sucesivos procesos electorais, a nosa
solidariedade coa reflexión que o presidente vén de compartir a través da
súa carta á cidadanía. Queremos contribuír ao debate público para que a
democracia española decida ata que punto é tolerable esta violación
permanente dos dereitos e a dignidade das persoas que dedican parte da
súa vida á política e, aínda máis, dos dereitos máis elementais das súas
familias e persoas próximas.
En representación dos case 3.000 militantes socialistas desta provincia e
tamén das persoas que comparten con nós unha visión do mundo baseada
no progreso e no avance social, queremos trasladar persoalmente a Pedro
Sánchez e a Begoña Gómez o noso apoio para continuar traballando pola
convivencia en España, en Galicia e na provincia de Pontevedra, pola