1 diciembre, 2021
A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, presidiu esta mañá nas instalacións de Ara Formación o acto de entrega de diplomas acreditativos aos 15 alumnos que veñen de completar o terceiro curso gratuíto de Operador de Carretillas Elevadoras impartido en colaboración co centro que dirixe Paco Rial.
Coa finalización deste curso, que se desenvolveu ao longo de 16 horas cunha parte teórica entre os días 22 e 25 de novembro (10 horas), e outra práctica o sábado 27 (6 horas), xa son 47 as persoas que grazas a esta iniciativa obtiveron en 2021 a cualificación necesaria para traballar neste eido.
Non obstante, tal e como lembrou Yoya Blanco, “esta frutífera colaboración con Ara Formación permitiu favorecer as ferramentas e posibilidades de colocación laboral duns 80 pontevedreses en ámbitos nos que existe unha elevada demanda de persoal capacitado”, xa que “á marxe dos alumnos que superaron os cursos de Operador de Carretillas Elevadoras, celebráronse outros de Limpeza de Aloxamentos Turísticos, (Camareiro/a de Pisos), e de Limpeza Hospitalaria, que completaron 17 e 16 alumnos, respectivamente, coa incorporación case inmediata ao mercado laboral de varios deles”.
Alerta