21 julio, 2021
A Fundación Érguete integración obtivo a certificación 9001:2015. O certificado foi outorgado por Bureau Veritas Certification, primeira entidade privada de Certificación en España, baixo acreditación ENAC.
Fundación Érguete Integración é unha entidade sen ánimo de lucro de atención a persoas en situación de vulnerabilidade en tres áreas de atención, con perspectiva de xénero: incorporación laboral e desenvolvemento da formación, intervención penal e intervención social, para facilitar a inclusión sociolaboral, a través do desenvolvemento das habilidades e competencias persoais e profesionais, e promoción da saúde.
Esta certificación confirma as boas prácticas da Fundación Érguete-Integración e recoñece a madurez e eficacia do seu Sistema de Xestión de calidade ISO 9001:2015, ao mesmo tempo que ratifica o seu compromiso coa mellora continua.
A súa razón de ser é traballar para que as persoas máis desfavorecidas consigan a súa mellora social, laboral e de vida, a partir do achegamento á rede asistencial ou acceso ao emprego, ofrecendo servizos de información, sensibilización, orientación, formación e intermediación cos distintos axentes sociais da nosa comunidade, e coa participación dun equipo multidisciplinar de profesionais implicado plenamente no devandito obxectivo.
Alerta