3 septiembre, 2021
Dende a Concellaría de Promoción económica, Emprego e novas tecnoloxías desenvólvense a través da Axencia de Colocación diversas acción formativas en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios.
Dúas delas, de nivel intermedio e avanzado, a través do programa Extraordinarias, programa dirixido exclusivamente a mulleres.
E outra: Big Data- a través do programa IniciatiC 2021, dirixida a calquera persoa interesada.
PROGRAMA EXTRAORDINARIAS
Queremos facer visible a túa iniciativa local ou teu negocio local a nivel global en base á capacidade de innovación, creación de economía local e escalabilidade.
Programa adxudicado á Axencia de Colocación de Mos, e coordinado pola Fundación Cibervoluntarios xunto con Zona from Facebook.
Este programa ten como obxectivo principal formar na transformación dixital a 1.500 mulleres emprendedoras de zonas rurais en toda España, co fin de potenciar ideas e negocios activos que están a xerar valor e economía local para impulsalo a nivel global.
Poden inscribirse calquera muller interesada en formarse en Marketing Dixital (nivel intermedio e avanzado).
A formación é on line, e ten unha duración de 1 hora e media repartidas en dúas sesións.
Taller: Extraordinarias nivel intermedio. Mulleres de Mos.
Data: 8 de septiembre. Hora: 18:30-20:00
Taller: Extraordinarias nivel avanzado. Mulleres de Mos.
Data: 9 de septiembre. Hora: 18:30-20:00
A formación realizase a través de Zoom.
O contido dos talleres será competencias de márketing dixital, design thinking, branding dixital e ferramentas tecnolóxicas de xestión e innovación.
PROGRAMA INICIATIC 2021
Taller de marketing dixital on line gratuito no Concello de Mos – BIG DATA
IniciaTIC é un programa de apoio e impulso á dixitalización para mellorar a competitividade de persoas autónomas, emprendedoras, pemes e axentes promotores da economía social.
Ten como obxectivos:
Taller: IniciaTIC Big Data
Data: 14 de septiembre. Hora: 19:00-20:30
Se estás interesada en algún dos cursos, debes inscribirte no curso a través do Portal de Emprego INSCRICIÓN en https://mos.portalemp.com
Se eres demandante de Emprego inscrita xa no Portal podes inscribirte directamente no curso.
Se non estás dada de alta debes inscribirte como Demandante de Emprego ou Alumno/a e posteriormente inscribirte no curso.
Alerta